Obradoiro sobre dixitalización de instalacións eléctricas e mantemento (01/03)

O sector enerxético é un dos que máis desenvolveron a dixitalización nas últimas décadas aplicándoa nos sistemas de explotación, xeración e distribución.

Os novos retos e os rápidos cambios disruptivos do sector fan necesario que a dixitalización responda a retos como o control de demanda, mercadotecnia, mobilidade eléctrica, industria 4.0 ou ciberseguridade.

Este obradoiro céntrase na dixitalización das instalacións eléctricas e o mantemento, co foco das necesidades dende o punto de visión do cliente industrial e as ferramentas dixitais na nova realidade.

PROGRAMA

– Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. Apertura e moderación do evento.

– Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA. «Xestión de obradoiros, financiación preferente».

– Pablo Carreira – UFD  – “Digitalización de redes eléctricas”

– Javier Basanta García – UNED – «Digitalización del mantenimiento en la industria»

– Gustavo García – UNEX – “Herramientas digitales y BIM para industria y mantenimiento”.

O obradoiro celébrase o venres 1 de marzo de 2024, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, online ou na sede de Cluergal (os relatores se conectan online).

Forma parte do ciclo de Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0. Aforro Enerxético e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscrición previa a través deste: