Ser un referente no sector das enerxías renovables en Galicia e un nexo de colaboración entre empresa, administración, universidade e centros de investigación; Froito da colaboración e actividades do clúster, Galicia convértese nunha comunidade pioneira e líder en enerxías renovables e sostibilidade enerxética, en todas as súas vertentes, xeración, uso, desenvolvemento industrial e servizos asociados.
Misión
O desenvolvemento de proxectos conxuntos entre os participantes, o fomento do sector industrial e de servizos das enerxías renovables e actuacións encamiñadas a promover a sustentabilidade enerxética, a acadar un maior nivel de competitividade para todo o sector e en xeral a defensa dos seus intereses, así como a creación e desenvolvemento dunha contorna socioeconómica adecuada que favoreza o crecemento da dita industria en Galicia.
Valores
Cooperación: No seu sentido máis amplo, o clúster promove a colaboración entre os seus membros e os sectores de interese no marco da súa actividade.
Excelencia: o clúster busca sempre a máxima eficacia na consecución dos obxectivos e a eficiencia no uso dos recursos.
Independencia: Actuar da mellor maneira para o grupo sen priorizar os resultados individuais.
Ética: as actuacións do clúster realízanse dentro das directrices éticas que rexen as actividades asociativas.
Transparencia: actúa de forma aberta e comunicativa coa sociedade e os seus membros no marco das súas actividades.
Innovación e flexibilidade: o clúster busca a adaptación continua aos cambios, intentando influír neles de forma positiva e innovadora.