Convenio FP

Convenio do 4 de maio de 2022 asinado en Ferrol entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) para o desenvolvemento de diferentes actuacións no ámbito da Formación Profesional.

Entre os obxectivos do convenio, cabe destacar:

  • Promover entre as empresas a impartición de módulos profesionais nos centros de traballo, que permitan ao alumnado adquirir os mellores coñecementos prácticos posibles e con medios e infraestruturas que o faciliten.
  • Permitir a actualización profesional do profesorado, mediante estancias programadas en centros de traballo. Aproveita estas estadías para que tamén se beneficien os traballadores en activo.
  • Promover a formación dual.

Ver CONVENIO FORMACIÓN PROFESIONAL