Nova edición do curso de eficiencia enerxética en edificios

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organiza unha nova edición do curso de «Eficiencia enerxética en edificios».

Trátase dun curso que é gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este curso está orientado a alumnos que estén interesados neste campo e para aqueles que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis global (neste enlace accédese ao PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas na modalidade de “Teleformación” (pódese acceder á plataforma en calquera momento).

Esta nova edición do curso comeza o 7 de marzo e rematará o 11 de abril. O prazo de inscrición se pechará o 27 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.