Cluergal organiza unha nova edición do curso de «enerxía eólica offshore e enerxías do mar». Este curso é gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está orientado a aqueles alumnos interesados nestas tecnoloxías renovables mariñas e para aqueles que tendo coñecementos parciais e desexen adquirir unha visión máis completa (neste link pódese coñecer o PROGRAMA DO CURSO).
O curso é de 60 horas na modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).
Esta nova edición do curso comeza o 29 de febreiro e rematará o 4 de abril. O prazo de inscrición se pecha o 20 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.