Nova edición do curso de enerxía solar fotovoltaica

Cluergal – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia organiza unha nova edición do curso de «enerxía solar fotovoltaica». É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está orientado a alumnos que desexen introducirse nesta tecnoloxía renovable e tamén para aqueles que xa teñan coñecementos parciais e desexen adquirir un coñecemento máis completo (neste enlace pódese consultar o PROGRAMA DO CURSO).

Este curso ten unha duración de 60 horas na modalidade de “Teleformación” (o acceso á plataforma pódese facer en calquera momento).

Esta nova edición do curso comeza o 27 de febreiro e rematará o 2 de abril. O prazo de inscrición remata o 18 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.