Cluergal, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, convoca unha nova edición do curso gratuíto de hidróxeno renovable. É un curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse nesta tecnoloxía de tanta importancia para Galicia (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento).
Esta nova edición do curso comeza o 14 de maio e remata o 18 de xuño. O prazo de inscrición remata o 3 de maio ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas.
Poden inscribirse no curso traballadores en activo ou desempregados de Galicia.