Reunión do director xeral de planificación enerxética coa xunta directiva de Cluergal

O pasado 14 de abril, o director xeral de planificación enerxética, Pablo Fernández Vila, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa xunta directiva de Cluergal, encabezada polo seu presidente, José Ramón Franco.

A reunión serviu para presentar o borrador da futura lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, anunciada recientemente polo presidente da Xunta de Galicia 

Por outra banda serviu para trasladar diferentes plantexamentos por parte de Cluergal en relación a diferentes suxestións relacionadas co sector enerxético de Galicia.