Novo curso de Cluergal sobre autoconsumo fotovoltaico

Cluergal organiza un novo curso gratuito sobre autoconsumo fotovoltaico. É un curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse nesta modalidade de xeración enerxética renovable (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento).

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.