Xornada de conclusións dos obradoiros sobre dixitalización e aforro enerxético

Dende o pasado mes de xaneiro, Cluergal ven organizando un ciclo de Obradoiros de Dixitalización dedicado ao aforro enerxético. Cunha periodicidade semanal expuséronse temáticas de máximo interés do sector como a dixitalización da iluminación, a monitorización enerxética, as comunidades enerxéticas, o autoconsumo ou as instalacións e o mantemento.

Para rematar o ciclo, Cluergal organiza este venres 8 de marzo, unha xornada de conclusións. O evento celebrarase no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago co seguinte

PROGRAMA:

11:30 Café de benvida.
12:00 Intervención de apertura. Covadonga Toca, directora xeral do Igape.
12:15 Difusión de resultados do ciclo de Obradoiros de Dixitalización 4.0. Alberto Álvarez. Innplica.
12:30 Ponencia. Matrix. Un proyecto de digitalización con relación a la eficiencia energética en la refinería de A Coruña. Impartida por Desiree Vivero, gestor de automatización y optimización del Complejo Industrial de Repsol en A Coruña.
13:00 Ronda de preguntas.
13:10 Intervención de peche. José Ramón Franco, presidente de Cluergal.

O evento é aberto ao público. Para asistir é necesario inscribirse previamente:

Este ciclo de Obradoiros de Dixitalización 4.0 dedicado ao aforro enerxético está organizado por Cluergal, coa colaboración financiera do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).