Nova edición do curso de mantemento de instalacións de edificios

Cluergal (Clúster de Enerxías Renovables de Galicia) organiza unha nova edición do curso de «Mantemento de instalacións de edificios».

Trátase dun curso gratuito, que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Está dirixido a aqueles interesados neste campo e aqueles que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis global (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas en modalidade de “Teleformación” (é posible acceder á plataforma en calquer momento).

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.