Nova edición do curso de xestión do mantemento eléctrico

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organizará un novo curso de «xestión do mantemento de instalacións eléctricas». É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está orientado a alumnos que desexen introducirse nesta área e para aqueles que xa teñan coñecementos parciais e desexen adquirir un coñecemento máis completo (consultar o PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas e impártese en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).

Esta edición do curso comezará o 22 de febreiro e rematará o 28 de marzo. O prazo de inscrición é ata o 13 de febreiro ou se completen as prazas.

Poden inscribirse exclusivamente traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.