Visita ás oficinas de Cluergal do secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira

Pablo Casal, secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e Vanessa Cal, xerente do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), visitaron as oficinas de Cluergal situadas en Ferrol o pasado 9 de maio, no marco dunha xornada de traballo no centro CIS Tecnoloxía e Deseño.  

Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, tivo a oportunidade de recibilos e presentar brevemente o clúster e as actividades desenvolvidas no propio centro.