Novo curso de puntos de recarga de vehículo eléctrico

Cluergal (Clúster de Enerxías Renovables de Galicia) organiza un novo curso de «Puntos de recarga de vehículo eléctrico».

É un curso gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Está orientado a alumnos que estén interesados neste campo e para aqueles que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis global (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten unha duración de 60 horas na modalidade de “Teleformación” (pódese acceder á plataforma en calquera momento).

Este novo curso comeza o 12 de marzo e rematará o 16 de abril. O prazo de inscrición se pechará o 3 de marzo ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.

CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.

A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.