Ven de celebrarse na Coruña o VI Congreso Enerdixital. O evento reuniu os días 23 e 24 de novembro a un importante número de relatores destacados e a máis dun centenar de asistentes para debater en ámbitos como as enerxías renovables, a eficiencia enerxética ou a dixitalización.
O evento foi organizado polo Clúster Galego de Enerxías Renovables (CLUERGAL) e a colaboración da Deputación da Coruña e do Instituto Tecnolóxico de Galicia, en cuxa sede se celebran as sesións de presentación.
Na primeira xornada abordouse a dixitalización na xestión enerxética, mantemento e iluminación. Os relatores presentaron diferentes solucións, a nivel residencial e industrial, que permiten un importante aforro económico.
Ese mesmo xoves día 23 visitouse Galaxy-Lab, un centro de experimentación avanzada en Intelixencia Artificial aplicada á mobilidade aérea urbana e á súa actividade nos ámbitos da enerxía intelixente e a dixitalización da industria.
Na segunda xornada, celebrada o venres 24, desenvolvéronse sesións dedicadas á intelixencia artificial aplicada ao sector enerxético, á dixitalización de redes e comunidades enerxéticas e á dixitalización e transición enerxética en contornas industriais e portuarias.
Pódese acceder á grabación das ponencias a través do canal de Youtube de Cluergal.