Presentación:
ITG é un Centro Tecnolóxico Nacional con sede en A Coruña, especializado en desenvolvemento tecnolóxico, transferencia e actividades de investigación e innovación. A súa misión é mellorar a competitividade das empresas, administracións e organizacións mediante o desenvolvemento e aplicación de tecnoloxías avanzadas orientadas á transformación dixital e á sustentabilidade.
ITG traballa en ámbitos como a enerxía, intelixencia artificial, a análise de datos, os sistemas autónomos, os drons, a mobilidade sostible, a dixitalización da auga, as telecomunicacións e a construción sostible. Ademais, desenvolve proxectos nacionais e internacionais de innovación aplicada, colaborando con empresas, universidades e institucións públicas de toda Europa para converter o coñecemento tecnolóxico en solucións reais con impacto económico, social e ambiental.
Como centro tecnolóxico de referencia, ITG impulsa a transferencia de tecnoloxía ao tecido produtivo, promovendo a innovación continua, a eficiencia enerxética e a creación de contornas máis sostibles e resilientes.
Servizos:
O centro proporciona servizos avanzados de I+D+i e solucións tecnolóxicas para o sector enerxético, orientadas á xestión intelixente, o aforro, a descarbonización e a eficiencia enerxética. A actividade abrangue o desenvolvemento de plataformas dixitais, intelixencia artificial, xemelgos dixitais e sistemas IoT para optimizar a xeración, almacenamento, distribución e consumo enerxético en contornas industriais, portuarias, residenciais, adsministrativas e terciarias.
Destacan as solucións dixitais para a monitorización e análise avanzada de consumos enerxéticos, a integración de renovables e baterías, a xestión da flexibilidade da demanda, as comunidades enerxéticas locais e as plantas virtuais de enerxía (Virtual Power Plants). ITG tamén desenvolve solucións para a valorización de residuos orgánicos e biomásicos mediante a produción de biogás, biometano, hidróxeno renovable, syngas e outros combustibles sostibles.
O centro conta con infraestruturas experimentais de referencia en España, como laboratorios de enerxía dixital, biogás, biomasa e hidróxeno, onde valida tecnoloxías e modelos enerxéticos en condicións reais mediante simulación, emulación e ensaio avanzado. Ademais, presta servizos de consultoría enerxética, auditorías, análise de ciclo de vida, cálculo da pegada de carbono e formación especializada en estándares internacionais de medición e verificación do aforro enerxético.
Datos de contacto:
Rúa Cantón Grande, 9, Planta 3, 15003 A Coruña
Eólica terrestre, Eólica offshore, Fotovoltaica, Eficiencia Enerxética, Almacenamento, Hidróxeno, Biogás, Biomasa, Enerxías mariñas, Mobilidade sustentable
CONSULTORÍA E ESTUDOS, ENXEÑERÍA, ACTIVIDADES DE I+D, ENSAIOS DE LABORATORIO

