Por que formar parte de Cluergal?

Estes son algúns dos beneficios de formar parte do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia.

  1. Cooperación empresarial entre os membros do Clúster.
  2. Desenvolvemento de posibles oportunidades en réxime colaborativo, licitacións, ofertas,...
  3. Desenvolvemento de investimentos conxuntos.
  4. Aforro de custos a través da central de compras e asesoramento en diferentes servizos profesionais.
  5. Internacionalización. Misións comerciais, participación grupal en feiras e congresos, etc.
  6. Proxectos conxuntos de I+D.
  7. Comunicación interna. Información actualizada sobre cambios normativos e noticias importantes vía correo electrónico e boletín informativo.
  8. Comunicación externa. A través da web, redes sociais e outros medios.
  9. Formación sobre temas demandados por empresas, sectoriais ou empresariais. Tanto propios como externos.
  10. Realización e participación en eventos. Tanto presencialmente como en liña. Organizado para poñer en valor o sector enerxético galego e as empresas do Clúster. Participación grupal en eventos externos.
  11. Detección de oportunidades de negocio, tanto a nivel nacional como internacional. Análise de mercado, tanto sectorial como internacional.
  12. Vixilancia sectorial e normativa.
  13. Relación coas distintas administracións, Goberno, Xunta de Galicia, deputacións e concellos.
  14. Información sobre diferentes programas de axudas e subvencións.
  15. Potenciación do sector enerxético galego. Reivindicando un compromiso co sector, en investimentos e desenvolvemento tecnolóxico.