Enerxéticos 2026 recoñecerá a traxectoria de seis profesionais do sector en Galicia

Este venres 10 de abril, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista Dínamo Técnica organizan en Santiago de Compostela a quinta edición de ENERXÉTICOS 2025.

Como nas edicións anteriores, o evento desenvolverase en formato xantar e contará cun compoñente benéfico. Este ano as donacións destínanse ós programas da Obra Social Pediatría en apoio ás crianzas hospitalizadas e ós pacientes do Hospital Clínico de Santiago.

Durante o evento recoñecerase a traxectoria de seis profesionais do sector enerxético en Galicia. Os recoñecementos deste ano corresponden a María Moreno, Juan Casares, Alba Tuñas, Fernando Jiménez, Carla Chawla e Emérito Freire.

O xurado estivo composto por membros do Comité Editorial da revista Dínamo Técnica, que valoraron tanto a traxectoria profesional dos novos «enerxéticos» así como as accións destacables que levaron a cabo no sector durante o último ano.

O evento consolídase como cita de referencia no sector enerxético galego. Celébrase no Hotel Puerta del Camino de Santiago o 10 de abril a partir das 14;00. É posible asistir a través deste: