Obradoiro. Dixitalización e Transición Enerxética (19/02)

A dixitalización está a transformar profundamente o sector enerxético, impulsando a transición cara a modelos máis eficientes, sostibles e descentralizados. Tecnoloxías como a intelixencia artificial, o big data e a automatización permiten optimizar a produción, distribución e consumo da enerxía, reducindo custos e minimizando o impacto ambiental. No ámbito das enerxías renovables, as ferramentas dixitais facilitan unha xestión máis intelixente da xeración eléctrica, grazas á monitorización en tempo real e ao uso de algoritmos predictivos que melloran a eficiencia operativa e anticipan posibles incidencias.

Ao mesmo tempo, a automatización e as redes intelixentes fan posible unha xestión máis eficiente do consumo enerxético, reducindo perdas e mellorando a estabilidade do sistema. A dixitalización permite adaptar a demanda en tempo real e implementar estratexias como o desprazamento de cargas a franxas horarias máis eficientes. Deste xeito, dixitalización e transición enerxética preséntanse como procesos inseparables que definen o futuro do sector, avanzando cara a un modelo máis intelixente, flexible e comprometido coa redución das emisións.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal. 

– «Presentación dos Obradoiros Multidiciplinares de Sostenibilidade. Necesidades individuais» – Alberto Álvarez – Innplica. 

– «Transformación digital en sistemas energéticos: casos reales de aplicación» – Samuel Ormaechea – ITG Centro Tecnológico.

– «Digitalización en entornos energéticos e industriales. Caso práctico» – Duarte Borrás – SKF Group.

O obradoiro celébrase o xoves 19 de febreiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Transformación Dixital para impulsar a descarbonización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.