Obradoiro. Iluminación Sostible (29/01)

A iluminación sostible desempeña un papel clave na transición enerxética, xa que permite reducir o consumo eléctrico e minimizar o impacto ambiental. A adopción de tecnoloxías eficientes, como a iluminación LED, contribúe a un uso máis racional da enerxía, diminuíndo as emisións de CO₂ e a dependencia dos combustibles fósiles. Ademais, mellorar a eficiencia luminosa en espazos públicos e privados favorece unha xestión máis responsable dos recursos naturais.

Desde o punto de vista ambiental, a iluminación sostible tamén contribúe a reducir a contaminación luminosa, que afecta tanto á biodiversidade como á saúde humana. A implantación de sistemas intelixentes de iluminación adaptativa, capaces de regular a intensidade da luz segundo as necesidades reais, permite minimizar este impacto. En Galicia, a modernización da iluminación urbana e industrial representa unha oportunidade para avanzar cara a cidades máis eficientes e sostibles, reforzando o compromiso cun modelo enerxético máis respectuoso co medio ambiente.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal. 

– «Proxectos de implementación/desenvolvemento coas tecnoloxías elexidas.» – Emilio Martínez – Innplica.

– «Certificaciones PEP ecopassport®: Herramienta Clave para la Economía Circular y la Sostenibilidad en la Iluminación» – Julio César Álvarez – Ledvance.

– «Plataforma smartcity asociada al alumbrado público» – Miguel Pereira – Bright.

– «Telegestión de alumbrado. Los centros de mando como nodos de comunicación» – Iago Martínez – Edigal.

O obradoiro celébrase o xoves 29 de xaneiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Sustentabilidade e Transición Enerxética. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.