O autoconsumo fotovoltaico desempeña un papel clave na transición cara a un modelo enerxético máis sostible e descentralizado, ao permitir a xeración de electricidade solar en fogares, empresas e comunidades. Isto reduce a dependencia das fontes fósiles, diminúe as emisións de CO₂ e impulsa a democratización da enerxía, ao dar ás persoas consumidoras un maior control sobre a súa produción e consumo.
Ademais, contribúe a reducir a factura eléctrica nun contexto de prezos volátiles, especialmente cando se combina con sistemas de almacenamento en baterías que aumentan a autonomía e permiten aproveitar mellor a enerxía xerada, incluíndo o vertido de excedentes á rede.
En Galicia, onde existe unha crecente aposta polas enerxías renovables, o autoconsumo fotovoltaico supón unha oportunidade para avanzar cara á autosuficiencia enerxética. O impulso de incentivos, medidas de apoio e comunidades enerxéticas locais pode acelerar a súa expansión, xerando beneficios económicos, ambientais e sociais, e consolidando un modelo enerxético máis sostible, resiliente e accesible.
PROGRAMA:
– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal.
– «Presentación de solucións tecnolóxicas para as necesidades colectivas» – Emilio Martínez – Innplica.
– «Transformación energética industrial: electrificación y autoconsumo como ventaja competitiva» – José Déciga Gusi – Iberdrola.
– «Autoconsumo fotovoltaico: retos y oportunidades hacia un futuro sostenible» – Alejandro Pardo – SGS.
– «Del autoconsumo a la autosuficiencia: integración de energías renovables y eficiencia energética» – Oriol Ventura – EIDF.
O obradoiro celébrase o xoves 22 de xaneiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Sustentabilidade e Transición Enerxética. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

