Nova edición do curso gratuito de eficiencia enerxética de Cluergal

Cluergal, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia, organiza unha nova edición do seu curso gratuito adicado á eficiencia enerxética en edificios. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 25 de febreiro e finaliza o 26 de marzo de 2025. O prazo de inscrición pecha o 17 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.