Novo curso de enerxía eólica offshore de Cluergal

Cluergal organiza un novo curso gratuito sobre enerxía eólica offshore. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEu (ver PROGRAMA DO CURSO DE ENERXÍA EÓLICA OFFSHORE).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 23 de xaneiro e finaliza o 27 de febreiro de 2025. O prazo de inscrición pecha o 14 de xaneiro ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.