Nova edición do curso de hidróxeno renovable de Cluergal

Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre Hidróxeno Renovable. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Este curso ofrece unha introdución integral ao hidróxeno como vector enerxético, abordando o seu papel no mercado e as estratexias para o desenvolvemento de hidróxeno renovable. Explóranse en profundidade as tecnoloxías de electrólise para a súa produción, os métodos de almacenamento e as formas de transporte. Ademais, examínanse as pilas de combustible e a flexibilidade de uso do hidróxeno, así como as súas diversas aplicacións en distintos sectores (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 14 de novembro e finaliza o 12 de decembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 06/11 ou ata que se esgoten as prazas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.