Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre autoconsumo fotovoltaico. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Este curso ofrece unha formación integral sobre o autoconsumo de enerxía solar, que vai dende unha introdución ao concepto ata os aspectos normativos que o regulan. Inclúe perspectivas de desenvolvemento da instalación, explicacións dos compoñentes dunha instalación solar fotovoltaica e orientacións prácticas sobre deseño, orzamento e estudos de viabilidade. Ademais, aborda a montaxe e mantemento das instalacións, e remata cos trámites de legalización e a xestión da documentación técnica necesaria.(ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten 60 horas de duración, na modalidade de “Teleformación” (acceso permanente á plataforma). Iníciase o próximo 11 de novembro e finaliza o 9 de decembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 31/10 ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.