Cluergal organiza unha nova edición so seu curso gratuito sobre Comunidades Enerxéticas. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O curso aborda o papel crucial destas entidades na transición enerxética e na loita contra o cambio climático. Comeza cunha introdución ás fontes de enerxía fósiles e renovables, destacando o seu impacto ambiental. Despois, afonda na configuración legal e nos diferentes modelos de produción eléctrica dentro das comunidades enerxéticas, como a enerxía solar fotovoltaica, a pequena enerxía eólica e o autoconsumo. Tamén se exploran temas como as redes de distribución térmica (District Heating), as instalacións de produción de calor, a mobilidade sostible e as diversas tipoloxías de comunidades enerxéticas. (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas, en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento). Iníciase o próximo 6 de novembro e finaliza o 11 de decembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 29 de outubro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.