Cluergal organiza unha nova edición so seu curso gratuito sobre biogás. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O curso ofrece unha visión completa do biogás e o biometano, que abarca desde a súa produción e relación coa economía circular ata oportunidades de mercado en Europa e España. Tamén aborda o marco normativo, os certificados de sustentabilidade e as tecnoloxías e procesos de dixestión anaeróbica necesarios para a súa xeración. Ademáis, explóranse os usos do biogás e o desenvolvemento de modelos de negocio viables neste sector, presentando casos de éxito que amosan a súa aplicación práctica na industria. (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas, en modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento). Iníciase o próximo 5 de novembro e finaliza o 10 de decembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 28 de outubro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.