Cluergal organiza un novo curso gratuito, dentro do seu amplio catálogo formativo para este 2024, sobre seguridade industrial. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O Curso de Seguridade Industrial ofrece unha formación completa sobre as principais normativas e estándares para garantir a seguridade en ambientes industriais en España. Ao longo do programa exploranse aspectos fundamentais como a seguridade industrial, o mercado eléctrico, o mercado de hidrocarburos e o Código Técnico da Edificación, preparando aos participantes para comprender os requisitos legais que rexen estes sectores críticos. A seguridade nas instalacións eléctricas, tanto en baixa como en alta tensión, e a eficiencia enerxética na iluminación exterior son tamén temas centrais, o que garante unha formación acorde ás últimas normas. O curso tamén abarca a normativa relacionada coas instalacións térmicas en edificios, a prevención de incendios, o mantemento de ascensores e a manipulación de gases combustibles (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento). Iníciase o próximo 31 de outubro e finaliza o 5 de decembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 21 de outubro ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.