Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre puntos de recarga de vehículo eléctrico. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse nesta tecnoloxía (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento). Iníciase o próximo 24 de outubro e finaliza o 28 de novembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 14/10 ou ata que se esgoten as prazas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.