Nova edición do curso de xeotecnia para cimentación e excavacións

Cluergal organiza unha nova edición do curso gratuito sobre xeotecnia para cimentacións e excavacións. É un curso subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse nesta disciplina tan importante para a execución dos proxectos de renovables (ver PROGRAMA DO CURSO).

O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento). Iníciase o próximo 15 de outubro e finaliza o 19 de novembro de 2024. O prazo de inscrición pecha o 04/10 ou ata que se esgoten as prazas.

SOLICITUDE DE PRAZA

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas e a solicitude non implica a súa aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.