Cluergal organiza en Santiago, o próximo xoves 19 de setembro, a terceira edición do foro de formación e emprego no sector enerxético, ENERFORUM 2024.
O Foro, que celebrou as súas primeiras edicións en Santiago (2022) e A Coruña (2023), concíbese como un punto de encontro entre as empresas e os profesionais interesados en formarse e/ou desenvolver a súa carreira no sector.
Na primeira parte do evento, as empresas participantes estarán distribuidas no hall do edificio e disponibles para aqueles que queran deixar curriculums ou falar cos responsables destas.
Na segunda parte do evento, os responsable das empresas presentarán os seús proxectos e os perfís profesionais que demandan (formato «elevator speech»). Finalizará coa entrega de diplomas dos cursos de Cluergal de 2024.
O Foro celébrase no edificio FEUGA de Santiago de Compostela (ver mapa) de 17:00 a 20:00.
PROGRAMA PROVISIONAL:
17:00 Café de benvida.
17:00 Feira de emprego.
18:00 Inicio do acto (presentación de empresas e entrega de diplomas).
19:15 Clausura do acto. a cargo de Zeltia Lado, Directora Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta de Galicia.
19:30 Aperitivo networking.
INSCRICIÓNS:
PARA ASISTENTES
A asistencia é libre. Poden asistir alumnos que veñan a recoller o seu diploma, persoas interesadas en coñecer postos vacantes no sector ou interesados en xeral no sector enerxético.
Pódese facer a inscrición a través deste:
PARA EMPRESAS
A participación é aberta e gratuita para membros de Cluergal. Poderán participar cun roll up na parte expositiva (similar a 2022) e nas breves presentacións de 2 minutos no acto (similar a 2023).
Pódese facer a inscrición a través deste: