Durante os días 9 e 10 de outubro, o Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL), con financiamento da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, organizará o Congreso ENERDIXITAL 2024. Este evento sectorial reunirá unha vez máis aos principais relatores do sector para presentar solucións no campo da enerxía e da dixitalización.
As dúas últimas edicións celebráronse en Ferrol e A Coruña cun importante éxito de participación e contidos. A edición deste ano celébrarase na Cidade da Cultura de Santiago. Xa está aberto o prazo para presentar ponencias (ata o 20/09) a través da web oficial do evento: www.enerdixital.com