Cluergal convoca unha nova edición do seu curso gratuíto sobre comunidades enerxéticas. É un curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está dirixido a aqueles alumnos que desexen introducirse neste eido das comunidades enerxéticas, tanto dende un plano xurídico como técnico (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas e impártese en modalidade de “Teleformación” (pódese acceder á plataforma en calquer momento).
Esta nova edición do curso comeza o 25 de abril e remata o 30 de maio. O prazo de inscrición remata o 15 de abril ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas..
Poden inscribirse no curso traballadores en activo ou desempregados de Galicia.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa comunicada formalmente por Cluergal.