Novo curso de Cluergal sobre biomasa

Cluergal – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia organiza un curso gratuito sobre biomasa. É un curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O curso está dirixido a alumnos que desexen introducirse nesta materia (ver PROGRAMA DO CURSO).

Ten unha duración de 60 horas, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en todo momento).

O curso iníciase o 18 de abril e remata o 23 de maio. O prazo de inscrición remata o 8 de abril ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas.

Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.