O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia – Cluergal organiza un novo curso gratuito sobre xeotecnia para cimentacións e excavacións. É un curso subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está dirixido a alumnos que desexen introducirse nesta materia (ver PROGRAMA DO CURSO).
O curso é de 60 horas de duración, en modalidade “Teleformación” (acceso á plataforma en calquer momento).
Iníciase o 16 de abril e remata o 21 de maio. O prazo de inscrición remata o 6 de abril ou ata que se esgoten as prazas..
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia. As prazas son limitadas.