Cluergal organiza unha nova edición do curso de «Montaxe y mantemento de instalacións de xeotermia e enerxía solar aplicadas á climatización». Este curso é gratuito, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
O curso está orientado a alumnos que estén interesados nestas tecnoloxías renovables e para aqueles que, tendo coñecementos parciais, desexen adquirir unha visión máis completa (neste linke pódese acceder ao PROGRAMA DO CURSO).
O curso ten unha duración de 60 horas na modalidade de “Teleformación” (acceso á plataforma en calquera momento).
Esta nova edición do curso comeza o 5 de marzo e rematará o 9 de abril. O prazo de inscrición se pecha o 25 de febreiro ou ata que se esgoten as prazas, que son limitadas.
Poden inscribirse traballadores en activo ou desempregados de Galicia.
CURSO COMPLETO. PECHADAS AS INSCRICIÓNS.
A solicitude de praza non supón aceptación en tanto non sexa confirmada formalmente por Cluergal.
