Obradoiro sobre autoconsumo (23/02)

O boom que está a vivir o autoconsumo fai necesario uso de solucións integrais e personalizadas de xeración e consumo de enerxía fotovoltaica, que permiten un aforro na factura eléctrica a través ferramentas dixitais.

Estas solucións deben incluír aspectos como o estudo e deseño personalizados ou mantemento e seguimento, para que o usuario poida coñecer en tempo real a enerxía que produce e consume, a través da web ou unha App para xestionar a súa instalación de forma dixital e autónoma.

No obradoiro faise unha introdución á realidade do autoconsumo e a ferramentas dixitais para a súa utilización neste campo.

PROGRAMA

– Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL. Apertura y moderación del evento.

– Alberto Álvarez Quiroga – INNPLICA. «Xestión de obradoiros, proposta de proxecto».

– Patricia Abelenda – SGS TECNOS. “Tendencias y retos del autoconsumo fotovoltaico”. 

– David López Mera – VOLTIOSOL. “Autoconsumo colectivo”

– Miguel Sánchez de León Peque – IECO.IO. “Digitalización del diseño de instalaciones fotovoltaicas”

O obradoiro celébrase o venres 23 de febreiro de 2024, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, online ou na sede de Cluergal (os relatores se conectan online).

Forma parte do ciclo de Obradoiros de Dixitalización Industria 4.0. Aforro Enerxético e Dixitalización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste: