O Secretario de Cluergal, Nonito Aneiros, participou como relator nunha das mesas redondas da xornada “Pacto pola formación. Pacto polo emprego. Pacto por Ferrol” celebrada o 27 de marzo no edificio CIS da Cabana. A mesa foi moderada pola directora xeral, Zeltia Lado Lago.
Aneiros falou da experiencia de Cluergal no eido da formación, a excelente acollida que tivo nas empresas do sector e dos retos das capacitacións nas enerxías renovables.
A xornada foi aberta por Martina Aneiros, delegada da Xunta en Ferrol e pechada pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. Destacou o investimento da Xunta en formación na comarca de Ferrolterra nos últimos 14 anos que permitiu cualificar 16.187 persoas. As microformacións que se están a impartir a través dos convenios de colaboración cos principais clústeres galegos para adaptar a formación ás necesidades laborais das empresas están a cualificar este ano 430 persoas nesta comarca.