Cluergal continúa en Vigo a súa campaña de comunicación e divulgación destinada a achegar á cidadanía boas prácticas relacionadas co aforro e a eficiencia enerxética. A iniciativa ofrece información sinxela, útil e aplicable á vida cotiá para reducir o consumo de enerxía, mellorar o confort e avanzar cara a un modelo enerxético máis responsable e sostible.
Tras a primeira convocatoria celebrada en Santiago de Compostela, esta segunda charla terá lugar o vindeiro xoves 17 de setembro en Vigo. Con este formato, Cluergal busca levar o coñecemento sobre eficiencia enerxética máis alá dos foros técnicos e empresariais habituais, favorecendo a participación e o intercambio de experiencias en espazos próximos e accesibles.
Durante a sesión abordaranse consellos, hábitos e medidas prácticas para facer un uso máis eficiente da enerxía nos fogares e nas actividades cotiás. O programa completarase coa difusión de contidos divulgativos a través da páxina web e das redes sociais de Cluergal, ampliando o alcance da campaña ao conxunto da sociedade galega.
A charla celebrarase na Taberna do Náutico de Vigo, situada na rúa As Avenidas, 1, o próximo xoves 17 de setembro de 2026 ás 20:00 horas. A actividade está organizada por Cluergal coa colaboración da Xunta de Galicia.
A asistencia é libre e gratuíta, previa inscrición a través deste formulario:

