O hidróxeno verde perfílase como un dos grandes vectores enerxéticos da transición cara a unha economía descarbonizada. Producido mediante electrólise da auga empregando electricidade procedente de fontes renovables, permite almacenar enerxía limpa, descarbonizar sectores difíciles de electrificar (industria pesada, transporte de longa distancia ou determinados procesos térmicos) e reforzar a seguridade e autonomía enerxética.
Nun escenario de transformación do sistema enerxético, o hidróxeno verde abre novas oportunidades industriais, tecnolóxicas e de desenvolvemento territorial, converténdose nun elemento clave para avanzar cara aos obxectivos climáticos e de competitividade a longo prazo.
Neste contexto, Cluergal organiza anualmente H2GAL – xornada sobre hidróxeno verde en Galicia, que ata o de agora celebrou 4 edicións en diferentes localidades galegas (A Coruña, Vigo, Silleda e Ferrol).
A V edición da xornada sobre hidróxeno verde en Galicia celebrarase no CIS de Ferrol (ver Google Maps) o próximo 11 de setembro de 2026, organizada por Cluergal, coa colaboración da Xunta de Galicia.
PROGRAMA:
09:45 Recepción de asistentes y café de bienvenida
10:15 Apertura
D. José Ramón Franco. Presidente de Cluergal.
D. Pablo Fernández Vila. Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia.
10:30 Ponencias. Sesión I
«Situación y perspectivas del hidrógeno verde a nivel global» – Julio Hidalgo – Univergy
«Panorama actual del sector del hidrógeno en España» – Brais Armiño – digHy
«Los mercados del hidrógeno y sus derivados. El caso andaluz» – Francisco Montalbán – Clantech
“Producción de hidrógeno verde offshore: oportunidades, desafíos y análisis tecnoeconómico para la industria marítima» – Sara Oliveira – Navantia
“ Despliegue de tecnologías de hidrógeno: Del laboratorio a la escala industrial” – Ramón Ilarri – Neuwalme
12:00 Pausa café
12:30 Ponencias. Sesión II
“Del laboratorio al despliegue industrial: Desarrollo, validación y escalado de tecnologías del hidrógeno” – Íñigo Ortega – Tecnalia
“Impulsando la cadena de valor del hidrógeno renovable mediante ecosistemas de innovación” – Ana M. Paúl – CTAG
«Integración del hidrógeno renovable en procesos biológicos para la descarbonización industrial” – Carlos López Gutiérrez – ITG
“El papel del hidrógeno en la economía azul y en ecosistemas portuarios sostenibles” – Alejandro Romero – Plocan
13:45 Cierre de jornada
A asistencia é libre e gratuita a través deste formulario de inscrición:

