Os pasados meses de febreiro e marzo, Cluergal ven de organizar, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica – Igape, un ciclo de Obradoiros sobre Transformación Dixital para impulsar a descarbonización. Neles expuséronse temáticas de máximo interés do sector como dixitalización e transición enerxética, no sector eólico, no sector fotovoltaico, das instalacións eléctricas ou da eficiencia enerxética.
Para rematar o ciclo, Cluergal organiza, o próximo venres 8 de maio ás 12h30 unha xornada de conclusións do ciclo. O evento celébrase na sala de conferencias da sede deAfundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24 – ver mapa) co seguinte:
PROGRAMA:
– Café de benvida.
– Intervención de apertura. Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal.
– Mesa debate sobre dixitalización e eficiencia enerxética na industria.
- Cristina Isabel Martínez – Stellantis
- Daniel Prieto – Soltec Ingenieros
- Oriol Sarmiento – Cluergal (moderador)
– Difusión de resultados do ciclo de Obradoiros de Transformación Dixital para impulsar a Descarbonización. Alberto Álvarez. Innplica.
– Intervención de peche. Eladio Otero, subdirector de Competitividade Empresarial do Igape.
– Intervención de peche. Nonito Aneiros, secretario de Cluergal.
A asistencia é libre e gratuita, a través deste:
Este ciclo de Obradoiros está organizado por Cluergal, coa colaboración financiera do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

