Obradoiro de dixitalización da eficiencia enerxética organizado por Cluergal

Este 17 de marzo, celebrouse un novo obradoiro adicado á «Dixitalización da eficiencia enerxética», organizado polo Cluergal e financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dentro do ciclo centrado na transformación dixital para impulsar a descarbonización de Galicia.

Na primeira parte da sesión presentáronse distintas vías de financiamento para proxectos de dixitalización, destacando, entre outras, liñas do Igape como “Transformación Dixital” e “IA 360”. Tamén se abordaron oportunidades a nivel europeo, subliñando a necesidade de estruturar proxectos sólidos e, en moitos casos, colaborativos.

A primeira ponencia técnica estivo adicada ao papel clave da dixitalización na xestión enerxética e na implementación dos Certificados de Aforro Enerxético (CAES). Santiago González, de Integria, explicou que a captura, integración e análise de datos enerxéticos permiten optimizar consumos, detectar ineficiencias e monetizar os aforros xerados. Ademais, destacou que os CAES implican un esixente proceso de verificación, polo que a dixitalización convértese nun elemento imprescindible para a súa correcta xestión e para acceder a mercados secundarios.

O obradoiro completouse coa exposición de Gustavo Amann, de CO2 Smartch, que evidenciou o impacto real da dixitalización na eficiencia enerxética. Exemplos como a optimización de compresores ou a corrección de ineficiencias operativas demostraron o potencial dos datos para mellorar procesos. En conxunto, a xornada concluíu destacando a importancia de dixitalizar as boas prácticas e traducir os aforros en valor económico, reforzando así a cultura de eficiencia enerxética nas organizacións.