A eficiencia enerxética é un piar fundamental para reducir consumo, custos e impacto ambiental, e a dixitalización convértese nunha ferramenta clave para conseguilo. A través de sensores, sistemas de monitorización en tempo real e algoritmos avanzados, é posible identificar ineficiencias, optimizar a demanda e adaptar o consumo ás necesidades reais de edificios, industrias e infraestruturas.
Neste obradoiro analízase como a dixitalización permite xestionar mellor a eficiencia enerxética e avanzar cara a modelos de xestión enerxética, abrindo novas oportunidades para un sistema máis sostible, competitivo e descarbonizado.
PROGRAMA:
– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal.
– «Estratexia de financiamento preferente» – Alberto Álvarez – Innplica.
– «Dixitalizacion da xestion enerxetica. Claves para eficiencia e CAE’s» – Santiago González – Integria.
– «Casos de éxito en xestión enerxética» – Carlos Vázquez-Pimentel – CO2 Smart Tech.
O obradoiro celébrase o martes 17 de marzo de 2026, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Transformación Dixital para impulsar a descarbonización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

