Obradoiro. Dixitalización de instalacións eléctricas (12/03)

A dixitalización das instalacións eléctricas está a transformar a produción, distribución e consumo de enerxía, incorporando sistemas intelixentes que permiten optimizar a demanda, reducir perdas e mellorar a estabilidade da rede.

Tecnoloxías como o IoT, a automatización avanzada, o big data e a intelixencia artificial fan posible unha xestión máis eficiente, flexible e segura, integrando xeración distribuída, almacenamento e autoconsumo nun modelo cada vez máis descentralizado.

Este obradoiro aborda as claves desta transformación, as ferramentas dispoñibles e as oportunidades que abre para profesionais e empresas do sector eléctrico.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal. 

– «Proxectos de implementación/desenvolvemento coas tecnoloxías elexidas» – Emilio Martínez – Innplica. 

– «Digitalización de redes eléctricas» – Pablo Carreira – UFD distribución de electricidad S.A. Naturgy.

– «Digitalización de la gestión de empresas eléctricas» – Wilfredo Santana – Anubía.

O obradoiro celébrase o xoves 12 de marzo de 2026, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Transformación Dixital para impulsar a descarbonización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.