Obradoiro. Dixitalización no sector fotovoltaico (05/03)

A dixitalización está a transformar a enerxía fotovoltaica ao facer posible unha xestión máis eficiente, intelixente e rendible das instalacións mediante sensores avanzados, monitorización en tempo real, big data e intelixencia artificial, que permiten optimizar o rendemento, reducir custos, anticipar o comportamento dos sistemas e mellorar o mantemento preventivo e predictivo. Ao mesmo tempo, a automatización e as redes intelixentes facilitan a integración da enerxía solar no sistema eléctrico con maior estabilidade e flexibilidade, impulsando a competitividade do sector, o autoconsumo e un modelo enerxético máis descentralizado e sostible.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal. 

– «Presentación de solucións tecnolóxicas para as necesidades colectivas» – Emilio Martínez – Innplica. 

– «Transformación Digital en la Construcción, Puesta en Marcha y  O&M en Plantas Fotovoltaicas» – Adrián Cruz Castro – ABOVE.

– «Mantenimiento inteligente de plantas fotovoltaicas con gemelos digitales y drones» – Pablo Álvarez Rodríguez – ITG Technology Center.

O obradoiro celébrase o xoves 5 de marzo de 2026, dende as 09h00 ás 10h00, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Transformación Dixital para impulsar a descarbonización. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.