A mobilidade sostible é un piar fundamental da transición enerxética, xa que permite reducir a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro. A implantación de alternativas como o transporte público eficiente, a mobilidade eléctrica e os modos de desprazamento non motorizados contribúe a mellorar a calidade do aire e a diminuír o impacto ambiental das cidades. Apostar por un modelo de transporte máis limpo e eficiente resulta clave para acadar os obxectivos de descarbonización e facer fronte ao cambio climático.
Un dos principais retos da mobilidade sostible é a electrificación do transporte. A expansión dos vehículos eléctricos, combinada cunha xeración de enerxía baseada en fontes renovables, permite unha redución significativa das emisións de CO₂. Ademais, o desenvolvemento dunha infraestrutura de recarga accesible e eficiente facilita a adopción desta tecnoloxía por parte da cidadanía. Xunto á electrificación, o impulso do hidróxeno renovable no transporte pesado e marítimo abre novas oportunidades para reducir o impacto ambiental deste sector. En Galicia, a transición cara a unha mobilidade sostible representa unha oportunidade para modernizar o sistema de transporte, reducir a pegada de carbono e avanzar cara a un futuro máis sostible e resiliente.
PROGRAMA:
– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal.
– «Estratexia de financiamento preferente» – Alberto Álvarez – Innplica.
– «Competitividad y reducción de costes mediante el coche, el autobús y el camión eléctricos» – Pablo de Regoyos – Iberdrola.
– «Infraestructura de recarga de Vehículo Eléctrico» – Alejandro Pardo – SGS.
– «Movilidad sostenible: mucho más que vehículos eléctricos» – Oriol Ventura – EIDF.
O obradoiro celébrase o xoves 5 de febreiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Sustentabilidade e Transición Enerxética. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

