A enerxía eólica offshore é unha panca clave da transición enerxética, ao permitir unha xeración eléctrica renovable, estable e eficiente grazas ao aproveitamento dos ventos mariños, contribuíndo de maneira decisiva á descarbonización e ao cumprimento dos obxectivos climáticos europeos e globais.
Os avances na tecnoloxía flotante amplían o seu potencial en augas profundas e abren novas oportunidades para territorios como España e, especialmente, Galicia, onde a tradición marítima e a fortaleza da súa industria auxiliar sitúan esta tecnoloxía como unha aposta estratéxica.
Máis alá da súa achega ambiental, a eólica mariña impulsa o emprego, reforza a cadea de valor industrial e a soberanía enerxética, sempre desde un desenvolvemento sostible baseado na cooperación, no diálogo social e na integración ambiental.
PROGRAMA:
– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal.
– «Identificación das necesidades colectivas estratéxicas do sector» – Alberto Álvarez – Innplica.
– «Análisis de situación de la eólica marina flotante» – Bernardino Couñago – Bluenewables.
– «Análisis estructural mejorado con IA: acelerando el diseño y la implementación de gemelos digitales en la eólica offshore» – Juan Gracia – Cener.
– «EcoFOSS: Innovación en Subestaciones Eléctricas Flotantes Cero Emisiones para Eólica Offshore» – Mirian Terceño – Navantia Seanergies.
O obradoiro celébrase o xoves 15 de xaneiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.
A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:
Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Sustentabilidade e Transición Enerxética. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.

