Obradoiro. Hidróxeno Renovable (08/01)

Neste obradoiro analízase o papel do hidróxeno renovable como peza clave da transición enerxética e da loita contra o cambio climático, xa que se obtén a partir de fontes limpas como a eólica ou a solar mediante a electrólise da auga. Este vector enerxético permite reducir a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro, grazas á súa versatilidade para ser empregado na industria, no transporte e na xeración de electricidade, contribuíndo á descarbonización de múltiples sectores.

Un dos seus principais beneficios é a capacidade de almacenar e transportar enerxía, facilitando a integración das renovables intermitentes e mellorando a estabilidade do sistema eléctrico. Ademais, pode substituír o hidróxeno gris en sectores industriais intensivos en emisións, ao tempo que xera novas oportunidades económicas e de emprego. En Europa e en España estanse a impulsar estratexias, infraestruturas e proxectos piloto, e Galicia, polo seu potencial renovable e industrial, ten a oportunidade de posicionarse como referente no desenvolvemento do hidróxeno verde.

PROGRAMA:

– Apertura do evento. Oriol Sarmiento – Cluergal. 

– «Presentación dos Obradoiros Multidiciplinares de Sostenibilidade. Necesidades individuais» – Alberto Álvarez – Innplica. 

– «Introducción al hidrógeno, datos técnicos y económicos» – Marta Romero – Lean Hydrogen.

– «Estrategias para la consolidación del amoniaco renovable» – Raúl Rodríguez – Tresca.

– «Transporte de Hidrógeno por tubería polimérica» – Francisco Montalbán – Clantech.

O obradoiro celébrase o xoves 8 de xaneiro de 2026, dende as 09h00 ás 10h30, en formato híbrido, pódese seguir de manera telemática ou na sede de Cluergal. Os relatores conectaranse de manera remota.

A asistencia é gratuita pero é necesaria inscripción previa a través deste:

Este evento forma parte do ciclo de Obradoiros multidisciplinares de Sustentabilidade e Transición Enerxética. Organizado por Cluergal e financiado polo Igape – Instituto Galego de Promoción Económica.