Xornada: «Repotenciar Galicia: enerxía, territorio e futuro» | Santiago 12/11

A repotenciación eólica constitúe unha oportunidade para avanzar cara a un modelo enerxético máis eficiente, sustentable e respectuoso co territorio. Trátase de substituír aeroxeradores antigos por outros máis modernos e potentes, mantendo a potencia total instalada, pero reducindo de maneira significativa o número de máquinas e, con iso, a ocupación do solo e o impacto paisaxístico.

En Galicia, onde moitos parques eólicos superan xa os 25 anos de vida, a repotenciación pode permitir aproveitar a infraestrutura existente, mellorar a capacidade de xeración renovable e minimizar a afectación sobre o medio e as comunidades locais. 

Esta xornada pretende afondar nos retos e oportunidades desta práctica esencial para consolidar a transición enerxética e o liderado galego no ámbito das renovables.

Celébrase o próximo 12 de novembro, ás 12.00 horas, no Hotel A Quinta da Auga en Santiago de Compostela, e está organizada polo Cluster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) co seguinte programa:

11:45 Recepción de participantes

12:00 Apertura

  • Jose Ramon Franco | Presidente de Cluergal – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia

12:10 Ponencia: Repotenciar para optimizar: claves técnicas do novo modelo eólico

  • Camilo Carrillo | Catedrático da Escola de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo

12:30 Mesa redonda: “Gobernar co vento: experiencias municipais na repotenciación eólica” 

  • Carlos López | alcalde da Fonsagrada (PSdeG)
  • Valentín Calvín | alcalde de Ortigueira (PPdeG)
  • Manuel Muíño | alcalde de Zas (BNG)

Modera:

  • Oriol Sarmiento | Xerente de Cluergal – Clúster de Enerxías Renovables de Galicia

13:20 Peche

  • María Jesús Lorenzana | Conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia