ENERCOR 2025 | Ferrol 2-3 dec | Aberto o prazo de inscrición

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) organizará en Ferrol os días 2 e 3 de decembro o I Seminario sobre o Sector Enerxético na Provincia da Coruña (ENERCOR), un novo punto de encontro para profesionais e persoas interesadas no ámbito da enerxía.

Este evento conta coa financiación da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, e nace co obxectivo de poñer en valor o papel do sector enerxético na provincia, impulsando a cooperación, a innovación e a difusión do coñecemento técnico e científico.

O seminario ENERCOR abordará unha ampla variedade de temáticas relacionadas co sector, como as enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética, con sesións adicadas a proxectos, innovación e dixitalización. Neste link pode consultarse o PROGRAMA.

Xa está aberta a inscrición, que é gratuita, a través deste: